Thursday 09 de May de 2024

Preto de 200 alumnos galegos de hostalaría de oito centros de formación profesional participan en FITUR


Preto de 200 alumnos que cursan ciclos da familia profesional de Hostalaría e turismo de oito centros educativos de Galicia participan estes días na Feira Internacional de Turismo Fitur. A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, saudou esta mañá á delegación galega neste evento e interesouse pola experiencia que estes alumnos están vivindo.

A representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades agradeceu tamén aos profesores que os acompañan a súa implicación na formación do alumnado e o seu apoio á participación neste tipo de citas. O equipo da FP galega en Fitur está conformado polos institutos IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e Sanxillao (Lugo), e polos centros integrados de FP CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro (Ferrol), Compostela (Santiago), A Farixa (Ourense), Vilamarín (Vilamarín), Carlos Oroza (Pontevedra) e Manuel Antonio (Vigo).